David Uzzell, Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña investiu, o pasado 7 de novembro de 2019, doutor Honoris Causa ao profesor de psicoloxía ambiental da Universidade de Surrey (UK) David Lawrence Uzzell, vinculado dende hai case dúas décadas ao Grupo de Investigación Persona-Ambiente da Universidade da Coruña, a través das súas conferencias, clases, direccións de teses e colaboracións sobre psicoloxía ambiental na Facultade de Ciencias da Educación.

laudatio que o profesor Ricardo García Mira, presidente deste Instituto, fixo de Uzzell mostrou con clareza as razóns académicas e científicas que levaron á facultade de Ciencias da Educación a promover o seu nomeamento como doutor honoris causa pola UDC, cuxo sobresaínte currículo como docente e como científico felicitou o Reitor da UDC, Julio Abalde na súa intervención.

Durante o acto, o profesor Uzzell fixo unha brillante exposición sobre como se ten que enfrontar a crise climática desde o punto de vista da psicoloxía social. Así, “a crise climática é un problema colectivo e só se pode solucionar de xeito colectivo“, afirma Uzzell, e a investigación en ccs sociais “demostra que non abonda coa información ou con depositar a esperanza do cambio de comportamentos individuais nas xeracións vindeiras”.

Porén, a cuestión “non é confiar nun futuro máis sustentable, senón a necesidade dunha transformación social urxente.  Non se trata de adiar a solución á maior información e sensibilidade ecoloxista dos nosos fillos, senón de actuar agora para que non sexan eles, precisamente, os que paguen o día de mañá as consecuencias da nosa inacción e da nosa neglixencia”.

David Uzzell é psicólogo social e xeógrafo, catedrático de Psicoloxía na Universidade de Surrey, Reino Unido. Lidera un Grupo de Investigación en Psicoloxía Ambiental, actualmente é Profesor Visitante da Universidade de Umeå (Suecia). Foi Presidente da sociedade científica International Association for People-Environment Studies, así como representante da British Psychological Society na European Federation of Associations of Psychology.

A relación do profesor David co Instituto de Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira comezou hai moito tempo, pois ven colaborando con investigadores do noso Instituto en diferentes investigacións, entre las que destaca a investigación sobre o desastre do Prestige, coordinada polo Prof. Ricardo García Mira, integrándose no dispositivo de resposta á traxedia constituído na Reitoría da Universidade da Coruña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s