O Instituto

logo_xoanvicenteviqueira

O Instituto de Estudios e Investigación Psicosocial Xoan Vicente Viqueira é unha asociación de ámbito autonómico que nace hai máis dez anos co obxectivo de contribuír á promoción da cultura galega en todos os seus aspectos e, especialmente, a mellorar a comunicación e a divulgación científica no eido psicosocial e ambiental.

Neste senso, as principais actividades do Instituto xiran en torno á publicación de manuais e revistas de carácter científico e, especialmente, á organización de congresos, seminarios e xornadas, acercando a Universidade á cidadanía como vimos facendo,  por exemplo, nas distintas edicións de “Aulas na Costa da Morte”.

Os principais obxectivos do Instituto de Estudios e Investigación Psicosocial Xoan Vicente Viqueira son os seguintes:

  • Fomentar e promocionar a investigación e intervención nos problemas psicosociais, así como en todos os aspectos ou factores que podan influír na calidad de vida das persoas.
  • Colaborar con organismos públicos ou entidades privadas, interesadas no mesmo fin. En concreto, coas institucións relacionadas coa Psicoloxía, Socioloxía, Ciencias do Traballo, Economía, Ciencias da Comunicación, e en xeral as ciencias sociais.
  • Favorecer a investigación mediante a creación de premios ou bolsas para os asociados e para xóvenes investigadores.
  • A información permanente dos profesionais das Ciencias Sociais, mediante a realización de cursos, seminarios, conferencias, coloquios e calquera outros cauce encaminado ao intercambio e promoción de coñecementos, técnicas, experiencias e aplicacións innovadoras.
  • Contribuir a potenciar la iniciativa y capacidad creadora de profesores, investigadores y profesionales así como de los estudiantes universitarios.
    Informar, sensibilizar e concienciar á cidanía dos problemas picosociais.

 

ESTATUTOS

Consulta os estatutos do Instituto no seguinte enlace:  Estatutos_IEIP

XUNTA DIRECTIVA

O Instituto de Investigación e Estudos Psicosociais Xoán Vicente Viqueira renovou na asemblea xeral extraordinaria de 2019 a súa xunta directiva, quedando composta polos seguintes integrantes:

  • Presidente/a – Ricardo García Mira

  • Secretario/a da asociación – Isabel Lema Blanco

  • Tesoureiro/a – Francisco José Rey Vizoso

  • Secretario/a de Investigación e Publicacións – Pilar García de la Torre

  • Secretario de Formación e Actividades Culturais- Verónica Adriana Barrios Villalba

Para contactar con nós podes enviarnos un email a: xoanvicenteviqueira@gmail.com

Ou atoparnos nas redes sociais:

LinkedIn

Facebook

Twitter:@xoanvicviq

Entidade subvencionada polas seguintes institucións: