Arquivo da categoría: Xornadas

Clausura das VI Aulas na Costa da Morte en Cee

clausuraaulas

As IV Aulas na Costa da Morte, que comezaron o xoves en Zas, clausuránronse este sábado en Cee cun debate sobre información e comunicación na sociedade actual, no que participaron o filósofo José Fermín Rodríguez e a escritora María Canosa.  A edición de 2013 das Aulas foi clausurada polo Presidente do Instituto de Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira, o catedrático Ricardo García Mira, e pola Alcaldesa de Cee e Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Zaira Rodríguez.

Fermín Rodríguez e María Canosa en Cee

Debate sobre información e comunicación en Cee

mariacanosa

Fermin Rodriguez: “A información na sociedade democrática debe ser bidireccional e considerar ao cidadán como unha parte activa do sistema”.

María Canosa: “A comunicación e a informacion interaccionan de xeito permanente coa politica, e o Estado deberia velar mais pola súa veracidade e obxectividade”.

Aulas na Costa da Morte: Torres do Allo

Intenso debate en torno á vulnerabilidade social e á desigualdade de xénero na primeira sesión das Aulas da Costa da Morte en Zas.

isalemazas

Isabel Lema: “Matriarcado en Galicia? Iso será cando as mulleres galegas deixen de ser vulnerables e sean propietarias das explotacións agrícolas, por exemplo, ou cando ocupen a maioría dos postos directivos e políticos”.

Inauguración das VI Aulas na Costa da Morte en Zas

inauguracion As VI Aulas na Costa da Morte arrancaron este xoves nas Torres do Allo, en Zas, analizando a Vulnerabilidade social e desigualdade de xénero. Un tema moi de actualidade que foi analizado polo catedrático de Psicoloxía Social da UDC, Ricardo García Mira e por Isabel Lema, Lic. en Dereito e investigadora en Ciencias Sociais.

Na inauguración das Aulas, García Mira agradeceu o apoio dos concellos da Costa da Morte ás Xornadas, da da Asociación Neria e da propia Deputación da Coruña, que subvenciona á actividade e puxo a disposición da organización o pazo das Torres do Allo.No acto inaugural interviron tamén o secretario de Neria, Xan García, e o alcalde de Zas, Manuel Muíño.