Arquivo por etiquetas: cambio global

200 investigadores de 38 países virán a simposio de sustentabilidade IAPS 2013

simposio de sustentabilidade

A Facultade de Ciencias da Educación acollerá no mes de xuño un simposio internacional sobre entornos sustentables nun contexto global en transformación, organizado polo Instituto de Investigación Xoán Vicente Viqueira, en colaboracion coa Internacional Association People-Environment Studies (IAPS) e o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente (GRIPA) da Universidade da Coruña.  Á cita acudirán preto de 200 investigadores de 38 países e de máis de 130 centros de investigación.

Na presentación do simposio, o vicerreitor de Investigación e Transferencia, Ricardo Cao, mencionou este congreso como un exemplo das prioridades que se marca a Universidade da Coruña no referente á internacionalización da academia, nun evento liderado por profesores e investigadores coruñeses.

O Presidente do Comité Organizador do Symposium, o profesor Ricardo García Mira, explicou que esta era unha reunión científica para especialistas da sustentabilidade desde tres redes de investigación, a propia sustentabilidade, o deseño e transformación dos contornos residenciais e a relación do urbanismo coa cultura, tendo en conta que o futuro sustentable está vinculado á evolución da tecnoloxía, xa que a tecnoloxía está a cambiar a maneira de administrar o coñecemento e os espazos.

Ricardo García Mira aproveitou o acto para lembrar a responsabilidade dos investigadores, non só responsabilidade científica, declarou, senón responsabilidade social en canto que resposta ao investimento da cidadanía.

Pola súa banda, Adina Dumitru, coordinadora do evento, apuntou que se trata dun simposio transcultural e transdisciplinar, no sentido de que, a diferencia da interdisciplinariedade, da transdisciplinariedade se esperaba a produción de coñecemento novo. Dumitru fixo tamén unha reflexión de cómo a crise estaba a cambiar a forma de abordar a sustentabilidade e avogou por aproveitala como unha oportunidade para innovar e atopar novos paradigmas de transformación.

Máis información en www.iaps2013symposium.org

IAPS 2013

O Instituto de Investigación Xoán Vicente Viqueira, en colaboración coa UDC, o Grupo de Investigación Persoa-Ambiente (GRIPA) e IAPS,  están a organizar o Simposio Internacional IAPS 2013, que versará sobre “Entornos Sostibles nin contexto de Cambio Global”, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Educación da UDC (A Coruña) do 25 ao 28 de xuño de 2013.

Toda a información acerca do simposio internacional está dispoñible na arañeira: http://www.iaps2013symposium.org

Estamos a esperalo Na coruña, a súa presenza e participación é esencial!