Taller de Backcasting celebrando en decembro de 2015 na Coruña

Construíndo visións de futuro para unha Galicia máis Sustentable

O Grupo de Investigación Persona-Ambiente da Universidade da Coruña organiza unha reunión de expertos en medio ambiente que deseñarán os escenarios para unha Galicia Sustentable no 2040.

  • A actividade, considerada de interese estratéxico para Galicia, será inaugurada  hoxe ás 17:00 por D. Julio Abalde, Reitor da Universidade da Coruña, a Dra. Adina Dumitru, coordinadora do proxecto GLAMURS e D. Ricardo García Mira,  voceiro da Comisión de Cambio Climático no Congreso dos Deputados, e Presidente do Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira. 
  • O Pazo de Mariñán acollerá una reunión de 25 expertos en medio ambiente (científicos, xestores ambientais, educadores e activistas sociais), chegados  de toda Galicia, que establecerán as claves e o camiño cara unha Galicia sustentable.  
  • Esta actividade de deseño de escenarios de futuro estase a desenvolver de maneira simultánea en 6 países europeos, dentro do proxecto de I+D+i GLAMURS, e como parte da estratexia da Comisión Europea para o Enverdecemento da Economía e Loita contra o Cambio Climático.

  O pazo de Mariñan acollerá esta fin de semana unha reunión de 25 expertos en medio ambiente e sustentabilidade co fin de deseñar, a través de técnicas innovadoras de deseño de escenarios de futuro (backcasting scenarios) os posíbeis camiños que Galicia pode seguir de cara a ser un territorio sustentable no ano 2040. A actividade está impulsada polo Grupo de Investigación Persoa-Ambiente, dentro do proxecto de I+D+i GLAMURS (Green Lifestyles), liderado pola Universidade da Coruña. 

 Dado o carácter estratéxico e a relevancia para o futuro de Galicia que ten esta actividade, a celebración deste obradoiro, nomeado “Construíndo visións de futuro para unha Galicia máis Sustentable” conta co apoio da Deputación da Coruña e a participación de representantes do concello da Coruña, da Xunta de Galicia e das Universidades de Santiago de Compostela e de Vigo.

Este obradoiro de Xeración de Visións de Futuro contará cunha ampla representación multidisciplinar de investigadores e expertos da Universidade da Coruña, de Vigo e de Santiago. Participarán tamén xestores ambientais, representantes políticos, entidades ecoloxistas, grupos de desenvolvemento local, e membros de iniciativas de innovación social presentes en toda Galicia.

bccTaller de Backcasting celebrando en decembro de 2015 na Coruña

Rutas cara a sustentabilidade to territorio.

 Durante a tarde do venres e o bado analizarán os principais retos cos que se atopa Galicia, qué cambios sería preciso facer na sociedade galega e cales serán os pasos estratéxicos que institucións, das entidades sociais e cidadanía deberán dar nun proceso de transición cara unha Galicia máis sostible. Os expertos analizarán  6 dominios clave dos nosos estilos de vida: uso doméstico da enerxía, mobilidade, vivenda, equilibro lecer-traballo, consumo de alimentos e consumo de produtos manufacturados.

 O obxectivo deste evento será construír unha visión de futuro desexado sobre omo podería ser Galicia máis sustentable no ano 2040.  Os resultados servirán para dar apoio á elaboración de políticas de sustentabilidade en Galicia e compararanse cos obtidos doutros 6 países da Unión Europea, onde durante as próxima semanas outros equipos de investigación que forman parte do Consorcio de Investigación Glamurs encargaranse de levar a cabo seminarios homólogos.

 Unha visión multidisciplinar para a construción dun futuro sustentable para Galicia.

 Para obter unha visión multidisciplinar e sistémica do territorio galego, participarán representantes da Xunta de Galicia, do Concello da Coruña, do CEIDA, ADEGA, Zocamiñoca, Afiprodel, Galiza Imaxinaria, Som Energia Galicia, Carabunhas, o Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, Proxecto Biovalvo, Mesa Galega para a Educación no Rural Instituto de Estudos do Territorio, Instituto de Estudos para o Desenvolvemento de Galicia, Fundación para a Custodia do Territorio, Véspera de Nada, Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común.

 Unha actividade enmarcada dentro do proxecto europeo GLAMURS

O Instituto de Investigación Xoán Vicente Viqueira colabora na organización desta actividade de I+D+i inxerida dentro do Proxecto Europeo GLAMURS, liderado polo Grupo de Investigación Persona-Ambiente da UDC.

GLAMURS estuda estilos de vida sustentables e as posibilidades de xeneralización dun modelo de economía verde na Unión Europea e no que participan 11 centros de investigación europeos, baixo a coordinación do Grupo de Investigación Persoa Ambiente da Universidade da Coruña .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s