IAPS International Network Symposium 2013

Simposio Internacional “Ambientes Sostibles nun Contexto de Cambio Global. Identificando Oportunidades para Espazos e Prácticas Innovadoras en Contextos de Crise” celebrarase a vindeira semana na coruña, entre os días 25 a 28 de xuño de 2013.

Este simposio internacional está organizado pola sociedade científica IAPS (Asociación internacional Persoa-Ambiente) co fin de crear espazo de interacción e intercambio de experiencias entre as Redes de Investigación sobre “Cultura e Espazo no Ambiente Construído”, “Aloxamento”, e “Sustentabilidade”. Esta actividade está coorganizada tamén polo Grupo de Investigación Persona-Ambiente da UDC, o Departamento de Psicoloxía da Facultade de Ccs da Educación e o Instituto de Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira.

O obxectivo do simposio é conectar a investigadores e profesionais de diversas disciplinas coa fin de crear un espazo compartido e reflexivo de coñecemento e debate sobre cuestións relacionadas cos estudos sobre espazo, ambientes e persoas e, máis especificamente, na busca de solucións creativas a problemas ambientais en contextos de crise.

Este traballo en rede é unha tradición establecida dentro da comunidade de IAPS, que combina presentacións de estudos de investigación con discusións teóricas e experiencias prácticas entre arquitectos, urbanistas, psicólogos, e tamén todos os interesados na análise de ambientes sostibles dende unha perspectiva humana.

PROGRAMA

O programa definitivo do Simposio pode descargarse na Web oficial do Simposio: Download the programme

Aínda está aberto o periodo de inscripcións para asistir ao Simposio. Consulta as condicións en http://www.iaps2013symposium.org/

PROBLEMÁTICAS A ESTUDAR E DEBATIR NO SIMPOSIO

  • Cómo afectan as desigualdades á vida humana e aos espazos urbáns nas diferentes partes do mundo?
  • Cómo están afectando as novas prioridades económicas á loita contra o cambio climático?
  • Cáles son as novas tendencias no eido da arquitectura e que oportunidades e riscos teñen para a sustentabilidade?
  • Cómo adaptar os entornos residenciais e laborais  aos contextos de cambio global?
  • Cómo inflúen os novos contextos económicos e políticos  na cultura?
  • Qué novos retos existen no deseño e a planificación de espazos?
  • Cómo conciliar os obxectivos de prosperidade económica coa sustentabilidade?
  • Qué novas políticas son precisas para facer máis sostibles os espazos laborais e residenciais?
  • Existen oportunidades para o diseño e a arquitectura sostible no medio urbán e rural?
  • ¿Cómo poden as ciencias sociais promover estilos de vida sostibles?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s